domingo, 9 de diciembre de 2012

Gaiás

Os rapaces do 3º ciclo de Primaria visitaron en Santiago de Compostela a Cidade da Cultura

domingo, 25 de noviembre de 2012

Aldea Nova

Os nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria realizaron a primeira saída do curso 2012/13. O destino foi Aldea Nova, en Narón.

jueves, 5 de julio de 2012

Un mar de convivencias

       Despedimos o curso celebrando a xornada de convivencia en Doniños. Todos e todas fixemos
andainas adaptadas ao nivel, realizamos un bo xantar pois había que repoñer forzas e divertímonos
nun día ben fermoso!!!

martes, 19 de junio de 2012

Visita a Viveiro


Os xoaneir@s do terceiro ciclo de primaria viaxaron ás terras de Viveiro. Visitaron o casco antigo da vila, subiron a San Roque donde tomaron o xantar e aínda houbo tempo para uns xogos no areal de Covas.

miércoles, 13 de junio de 2012

Educación infantil visita o muíño de Pedroso

A profe Lucía realizou esta montaxe da saída dos peques a Pedroso. Cantas cousas aprenderon sobre os muíños os pequerrechos!!!

viernes, 25 de mayo de 2012

Correlingua 2012

Os nenos e nenas do 1º ciclo de EP asistiron ao correlingua celebrado este ano no concello de Narón.

lunes, 9 de abril de 2012

Saída 3º ciclo de EP

Os alumnos/as do 3º ciclo de EP visitaron as novas instalacións da SGHN (Sociedade Galega de Historia Natural) e posteriormente realizaron un percorrido pola ría de Ferrol recibindo un bautismo de mar a bordo do remolcador..., o bo tempo acompañou á viaxe!

Saída 2º ciclo de EP

Os nenos e nenas do 2º ciclo de EP visitaron a Fundación Pedro Barrié de la Maza donde viron unha exposición de cadros de diferentes artistas e puideron crear eles mesmos divertidas "obras de arte" cos seus propios corpos!!!
Ademais experimentaron variadas sensacións no museo interactivo da DOMUS, donde realizaron un xantar cunhas vistas sobre a praia de Riazor espectaculares!!!
Toda a expedición patinou (como puido) na pista de xeo do Coliseum, foi un dia ben divertido e inesquecible.